Notas biográficas
Rosendo Bugarín Menoyo naceu o 9 de febreiro de 1867 en Tui. Bugarín chega á fotografía cara fináis do s. XIX de mans de Pedro Varela, afamado fotógrafo lucense establecido nas cidades de Lugo e Tui. Os dous fotógrafos chegan a traballar en sociedade durante algún tempo baixo o nome de P. Varela y Cía, ate que Bugarín monta estudio propio primeiro na rúa Colón, núm. 6 e despois en Martínez Padín, núm. 39.
A galería fotográfica de Rosendo Bugarín tivo moita sona entre a sociedade do momento debido á extraordinaria calidade dos seus retratos. O prestixio de Bugarín vai facer que se despracen ata o seu gabinete xentes procedentes tanto do norte de Portugal coma dos distintos municipios do sur da provincia. Así son moitísimos os retratos de Bugarín que levamos recuperado mediante as recollidas do Arquivo Municipal da Imaxe. A meirande parte deles pertencen á década dos anos 10, inda que tamén topamos fotografías, pero en menor medida dos anos 20 e 30. A temática principal é a do retrato para enviar ao familiar emigrado, principalmente nais que posan con cativos para darllos a coñecer ao pai ausente.
Cara os anos 1932/1933 aproximadamente, Bugarín detivo a súa actividade como fotógrafo para retomala nos anos 1936/1937. Faleceu en Tui o 29 de xaneiro de 1941.
*Fontes de información:
Comentarios persoais do seu neto Arturo Veloso Bugarín a quen desde aquí queremos transmitir noso máis sincero agradecemento.[Díptico:] Exposición Fotografía Antigua de Tui. Homenaje a los fotógrafos tudenses Rosendo Bugarín y Gonzalo Gutierrez.
Tui: Museo Diocesano de Tui, 26/03/1986-07/04/1986.