JOSÉ MOREIRA

Os profesionais da fotografía

Notas biográficas

José Moreira Moreira naceu o 8 de Maio de 1888 no barrio dos Currás, no Porriño. Tralos comezos nos que se adica aos labores do campo, aprende o oficio de carpinteiro ata introducirse no mundo da fotografía, que aprende nunha breve estancia en Pontevedra da man do afamado fotógrafo Joaquín Pintos, converténdose no primeiro fotógrafo da nosa vila.

Comezou a traballar como fotógrafo cara o ano 10 do Século XX. O primeiro escenario para os retratos de Moreira era o patio da súa casa. Foi en 1928 cando construíu unha galería de teito acristalado que, mediante un sistema de cortiñaxes, lle permitían un maior control da luz que proviña do exterior. Botando man da súas calidades como carpinteiro, dotou o seu estudo do mobiliario para decorado que todo fotógrafo que se preciara acostumaba a ter naquela época. Na galería de José Moreira, chamada Fotografía Moderna, foron retratados os grandes acontecementos familiares, vodas, bautizos, comuñóns, retratos para os emigrados, falecementos,… pero tamén actividades sociais como campionatos deportivos, bandas de música e comparsas, entre outros.

Moreira axudou a formarse a outros fotógrafos que lle tomaron o relevo cando deixou a actividade no ano 1960. Faleceu o 15 de setembro de 1967 no Porriño.

O arquivo fotográfico de José Moreira consérvase pola especial sensibilidade da súa familia, que o mantivo en boas condicións durante todos estes anos, ata o seu depósito no Museo de Pontevedra no ano 2002. Foi o bo criterio da institución pontevedresa o que lles levou a tomar a decisión de realizar unha mostra e publicar un catálogo a partir dunha selección entre os cerca de 3.000 negativos fotográficos que conforman o fondo. Con esta exposición veu a luz o traballo do fotógrafo porriñés e abriuse o camiño para que Moreira pase a ocupar o lugar que lle corresponde na Historia da Fotografía.

*Fontes de información:


Comentarios persoais dos seus fillos Mª de la Paz, Isolina, José e Jesús, e o seu senro Esteban Fernández Valverde aos que desde aquí queremos transmitir noso máis sincero agradecemento,
Echave Durán, C. José Moreira, O Retratista do Porriño. [Catálogo exposición:] José Moreira. Fotografías (1910-1950). Pontevedra: Museo de Pontevedra 2005.

Algunhas imaxes sobre o fotógrafo. Click sobre elas para amplialas.


OUTROS FOTÓGRAFOS

Os profesionais da fotografía

Rosendo Bugarín

+ info

Foto Magno

+ info

Ramiro López

+ info

Foto Balbino

+ info

Agustín Bermejo

+ info

Foto Pako

+ info

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

PECHAR