Xa son moitas as exposicións realizadas polo Arquivo Municipal da Imaxe, cumprindo así un dos nosos obxectivos que é o uso social das imaxes. As que tiveron maior repercusión foron: José Moreira. Fotografías 1910-1950, con máis de 2.000 visitantes; Unha Ollada no tempo II. Fotografías do Porriño, con máis de 3.000 visitantes; A Boa Educación, con preto de 2.000 visitantes; e A Historia da Coral Polifónica do CRC, con máis de 500 visitantes. Ademais destas exposicións, realizáronse mostras en todas as parroquias do municipio, pudendo contemplarse gran parte das fotografías recuperadas en cada recollida. Estas mostras, ademais de exhibirse cada unha na súa parroquia, itineraron polas demais.
Ademais das exposicións “físicas”, desde esta páxina web ofrecémosvos unha serie de exposicións “virtuais” que iremos ampliando e renovando.
Selecciona unha exposición virtual a continuación.