Logotipo Arquivo da Imaxe do Porriño

ARQUIVO MUNICIPAL DA IMAXE

do Concello do Porriño

O ARQUIVO MUNICIPAL DA IMAXE DO PORRIÑO

O Arquivo Municipal da Imaxe naceu no ano 2004 como unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello do Porriño. Desde entón estamos traballando no labor de rescate e posta en valor do noso patrimonio documental, principalmente o fotográfico. A misión do Arquivo da Imaxe é a de coñecer, recuperar, protexer, organizar e divulgar á cidadanía a documentación en imaxe existente no noso municipio.

O Arquivo da Imaxe é un gran proxecto solidario e colectivo que se convirte en realidade grazas a xenerosidade da veciñanza, ao traballo e participación de distintos colectivos e asociacións, e ao compromiso do Concello do Porriño por preservar esta parte do noso patrimonio, garantindo que chegue as vindeiras xeracións.

Desde esta páxina podedes visualizar parte das fotografías dos nosos fondos. Pretendemos tamén, que esta web sirva de plataforma para realizar calquera tipo de consulta, solicitude ou contribución; e para que coñezades de primeira man as nosas actividades.

O noso desexo con esta web é que gocedes deste patrimonio documental que o Arquivo da Imaxe pon ao servizo da sociedade. Do mesmo xeito agardamos que este espazo contribúa a aumentar o grao de sensibilidade e implicación entre a cidadanía e que iso se reflicta nun incremento dos fondos do noso Arquivo Municipal da Imaxe.

FONDOS

A día de hoxe, contamos con 10.841 documentos nos nosos fondos. 10.395 son fotografías, das que máis de 5.000 son imaxes antigas que foron obtidas por distintas vías tales como a colaboración dos familiares de fotógrafos que traballaron no municipio, a implicación de grande parte da veciñanza e das institucións que puxeron a nosa disposición os seus fondos e, sobre todo, o traballo de campo de recollida sistemática de fotografías polas distintas parroquias do concello.

Ademais de fotografías o Arquivo conta, en menor medida, con outras tipoloxías documentais como: documentos audiovisuais, hemerográficos, sonoros, partituras, etc; procedentes da achega de veciñas e veciños e sempre relacionados co Porriño.

Cadro de clasificación dos fondos en PDF

TOTAL FONDOS

Rexistro / Descrito

Dixitalizado

Unidades Documentais

Cartel que anunciou a recollida de fotos en Pontellas

Cartel publicitario da recollida do centro da vila

Cartel da recollida sobre a educación

“Postal Free” publicitaria das recollidas do Arquivo da Imaxe

RECOLLIDAS

A principal preocupación nos primeiros anos de existencia do Arquivo foi a obtención das imaxes. Aínda que non se descartaron outras vías e sistemas de obtención de fotografías, a metodoloxía de traballo durante estes anos centrouse principalmente nas recollidas planificadas de fotografías polas parroquias e nas recollidas de documentación con criterios temáticos.

Nestas recollidas os veciños e veciñas prestaron as súas fotos para que nos as dixitalicemos. Desta maneira os propietarios das fotografías non teñen que desprenderse delas, senón cedelas para a súa dixitalización e incorporación aos Fondos do Arquivo para uso e goce de toda a sociedade. Unha vez dixitalizado o orixinal devólvese ao seu propietario empregando un sistema de actas de recepción e actas de devolución de documentos que garanten un trato serio e rigoroso entre o Arquivo e os doadores das fotografías.

Xunto coas fotografías, neste traballo de campo, procurouse recoller tamén todo tipo de datos, xa que toda a información coñecida aporta valor engadido á imaxe.

Todas as recollidas, exceptuando á do centro da vila, realizáronse en colaboración con asociacións veciñais ou culturais do lugar, o que facilitou en grande medida o achegamento e contacto coa veciñanza.

Cada recollida culminou nunha exposición fotográfica en cada parroquia.

Tras as recollidas sistemáticas levadas a cabo nas oito parroquias do municipio, o Arquivo da Imaxe continua recollendo fotografías para a súa dixitalización e así seguir enriquecendo o noso patrimonio fotográfico. Deste xeito son cada vez máis as persoas que dunha maneira espontánea se achegan ao Arquivo para prestarnos as súas fotos.

USOS E USUARIOS

O Arquivo da Imaxe é un servizo público municipal do Concello do Porriño e como tal se pretende que teña capacidade para dar resposta ás necesidades de todo tipo de usuarios. Así, a tipoloxía dos usuarios que se achegan ao Arquivo é moi variada. Desde particulares que veñen buscando fotografías dos seus antepasados, da súa casa, do seu grupo escolar, etc, ate investigadores que procuran fotografías que documenten os seus estudos e investigacións, pasando por editoriais, empresas audiovisuais, prensa e todo tipo de medios que traballan con imaxes. Neste sentido, foron moitas as fotografías do noso arquivo solicitadas e cedidas.

Tamén son relevantes as colaboracións do Arquivo con outras institucións en proxectos expositivos e editoriais.

Exemplo de uso municipal en carteis e publicidade do Concello

Exemplo de uso municipal en carteis e publicidade do Concello

Exemplo de uso municipal en carteis e publicidade do Concello

Usos editoriais en libros, revistas, catálogos de exposicións ou documentos audiovisuais

Colaboración en exposición

Colaboración en exposición

Colaboración en exposición

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

PECHAR