OUTROS DOCUMENTOS

Arquivo Municipal da Imaxe do Concello do Porriño

Ademais de fotografías, o arquivo conta tamén con outras tipoloxías de documentos. Algúns deles foron incorporándose a través das recollidas organizadas. Outros chegan a través de persoas que, de maneira espontánea, se dirixen ao Arquivo da Imaxe para prestar, depositar ou doar documentos relacionados co Porriño, co desexo de que estes documentos se incorporen aos nosos fondos. Tamén presentamos nesta sección documentos que se corresponden coa propia produción do Arquivo, como poden ser as recollidas de documentación oral rexistradas en formato audiovisual.

A Memoria Recuperada: A Guerra e A Fame.

No documento sonoro, “A Memoria Recuperada: A Guerra e A Fame”, documento sonoro en formato de podcast, que recolle testemuñas de veciños e veciñas, que relatan a súa vivencia logo do golpe militar do 36 e durante o franquismo: Ramona Asunción Teijeira Rodríguez, Antonio Pereiro Pérez, Florentina Casales Estévez, Juana Josefa Fernández Giráldez, Raúl Francés Valverde, contextualizados a través das músicas, das propagandas institucionais da época.

Nos dous episodios, “A GUERRA”  e  “A FAME”, que forman parte deste documento sonoro, coñeceremos de 1ª man as vivencias non só destas persoas, das súas familias, senón tamén do medo, da tristeza, do horror, do silencio, da carraxe, do compañeirismo, da solidariedade, … que puxeron a proba á humanidade como colectivo.


Documento sonoro.
Recollida oral: Arquivo Municipal da Imaxe.

Para ver o nome das persoas participantes no documento sonoro, prema aquí

Ramona Asunción Teijeira Rodríguez, Antonio Pereiro Pérez, Florentina Casales Estévez, Juana Josefa Fernández Giráldez e Raúl Francés Valverde.

1959 – 2009. A Pegada das Voces.

Recollida de documentación oral sobre a historia da Coral Polifónica do Círculo Recreativo Cultural do Porriño levada a cabo polo Arquivo Municipal da Imaxe no ano 2009. Peza documental que se puido ver na exposición A Historia da Coral Polifónica do CRC (nov 2009 – xan 2010).


Peza audiovisual.
Recollida oral: Arquivo Municipal da Imaxe
Gravación e edición: 3doc
NOTA: video a baixa calidade

Para ver o nome das persoas participantes no vídeo, prema aquí

Alejo Amoedo Portela, Antonio Pereiro Pérez, Chelo Sousa Sío, Dora Díaz Estévez, Eduardo Fernández Valverde, Jaime Diz Tato, Javier Casal Paz, Jesús Álvarez Ordóñez, Jesús Pérez Lorenzo, Joaquín Diz Fernández, José Moreira Adán, Juan Ramón González Fernández, Luciano Baladrón Carpintero, Mª Rita Iglesias Miniño, Marcos Legazpi Paz e Uxía.

Historias de Pupitre.

Recollida de documentación oral sobre a educación no Porriño levada a cabo polo Arquivo Municipal da Imaxe no ano 2008.


Resumo. Peza audiovisual
Recollida oral: Arquivo Municipal da Imaxe
Gravación e edición: 3doc
NOTA: video a baixa calidade

Para ver o nome das persoas participantes no vídeo, prema aquí

Cándida Barros González, Mª Consuelo Bermejo Prada, José Ángel Carrera Alves, Álvaro Castro Iglesias, Rosa Castro Iglesias, Antonio Fernández Valverde, Eduardo Fernández Valverde, Esteban Fernández Valverde, Raúl Francés Valverde, Manuel Giráldez Mouriño, Verania Guisande Lago, Albino Lorenzo González, Mª de los Ángeles Losada Pérez, Mª del Carmen Losada Pérez, Lucila Lourido González, Francisca Núñez Troncoso, Josefa Paz Valverde, Jesús Pérez Ramírez, María Ramírez Belay, Carmen Ramírez Rodríguez, Mª Elena Rodríguez Carrera, Marcelina Rodríguez Teijeira.

Fondo Paz Valverde

Fondo Antonio I. Paz Valverde.

Fondo formado por partituras, gravacións sonoras, gravacións audiovisuais e outros documentos textuais xerados pola produción do músico instrumentista, compositor, arranxista e director de masa coral, o porriñés Antonio Ignacio Paz Valverde.

Fondo Bernardo Giráldez de Campoamor.

Fondo formado por fotografías, partituras manuscritas e editadas e outros documentos textuais xerados pola produción do músico instrumentista e compositor porriñés Bernardo Giráldez del Campo.

Fondo B. Giráldez

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

PECHAR ACEPTAR
Aviso de cookies