GL | ES | EN | PT

A BOTICA NOVA

Arquitecto: Antonio Palacios.
Estilo: ecléctico.
Cronoloxía: cara ao ano 1909.

O edificio da Botica Nova, vivenda e farmacia proxectada para o seu irmán boticario José Palacios, reflicte non só a facilidade do arquitecto para axustarse a un baixo orzamento de construción, senón tamén a capacidade de darlle solucións modernas e progresistas á obra cando traballa sen a presión do encargante. Ademais, a sinxeleza da Botica, coas súas fachadas desprovistas da virtuosa ornamentación á que nos ten acostumados, desbota a idea de monumentalismo da que o técnico porriñés sempre foi etiquetado. Deste pequeno edificio cómpre salientar a orixinal solución de redondear a esquina creando unha continuidade a modo de fachada corrida que, ademais de nutrir a obra de unidade compositiva, lle confire unha grande expresividade plástica. Na parte superior da curva sitúa un corpo á maneira de torre que se converte no elemento máis destacado do edificio. Nel dispón un mosaico de cerámica azulada cun rótulo que di «Botica Nova de Palacios» e que lle dá unha nota de cor ao conxunto.

A Botica Nova ten tamén un importante valor histórico para O Porriño, xa que era o lugar onde José Palacios organizaba os faladoiros aos que acudían importantes persoeiros vencellados ao mundo da cultura galega. Ademais do propio arquitecto e o seu irmán, o pintor Antón Medal, Peinador Vela e Peinador Lines, Cabanillas, Solá, Paz Andrade ou o médico Paz Varela, entre outros, eran algúns dos participantes habituais nestas xuntanzas nas que, de cando en vez, se organizaban excursións ou paseos para desfrutar da riqueza paisaxística e monumental da zona.

Imaxes da Botica Nova, click sobre elas para amplialas.


OUTRAS OBRAS

Obras de Antonio Palacios no Porriño

Fonte do Cristo

+ info

Casa do concello do porriño

+ info

Pavillón de acceso ao metro da rede de San Luis de Madrid

+ info

Deseñado por 3Doc

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

PECHAR ACEPTAR
Aviso de cookies