GL | ES | EN | PT

PAVILLÓN DE ACCESO AO METRO DA REDE DE SAN LUIS DE MADRID

Arquitecto: Antonio Palacios.
Estilo: ecléctico.
Cronoloxía: 1918-1919.
Inauguración: foi trasladado ao Porriño no ano 1971.

O quiosco, «templete», foi proxectado por Antonio Palacios no ano 1918 como acceso á estación do metro da Gran Vía madrileña. Unha das súas funcións era a de cubrir un grande ascensor, un dos primeiros en Madrid destas características, que comunicaba a rúa coa estación subterránea. Nos anos 1970, a Compañía do Metropolitano decide prescindir dos seus servizos e pensa incluso en derrubalo. Despois dunha decisiva campaña iniciada polo Colexio de Arquitectos de Madrid e das xestións levadas a cabo polo Concello do Porriño, así como por persoas vencelladas á cultura local, o «templete» é trasladado á vila de nacemento do seu autor no ano 1971.

Con todo, o pavillón que agora podemos contemplar chega ao Porriño mutilado. A portada, realizada en granito puído e con claras referencias clasicistas, contrastaba pola súa sobriedade cunha enorme marquesiña voada realizada en ferro e cristal que dende os laterais chegaba a cubrir toda a zona traseira e protexía así os pasaxeiros nos días de chuvia. Atopámonos de novo coa harmoniosa integración de materiais tan característica da produción palaciana.

Cómpre salientar que o técnico Xosé Bar Bóo, arquitecto municipal do Porriño no momento en que o pavillón foi trasladado á vila, redactou un proxecto para transformalo nunha biblioteca pública que nunca se levou a cabo.

Imaxes do pavillón de acceso ao metro da rede de San Luis de Madrid, click sobre elas para amplialas.


OUTRAS OBRAS

Obras de Antonio Palacios no Porriño

Fonte do Cristo

+ info

A Botica Nova

+ info

Casa do concello do porriño

+ info

Deseñado por 3Doc

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

PECHAR ACEPTAR
Aviso de cookies