EXPOSICIÓNS

Xa son moitas as exposicións realizadas polo Arquivo Municipal da Imaxe, cumprindo así un dos nosos obxectivos que é o uso social das imaxes. As que tiveron maior repercusión foron: José Moreira. Fotografías 1910-1950, con máis de 2.000 visitantes; Unha Ollada no tempo II. Fotografías do Porriño, con máis de 3.000 visitantes; A Boa Educación, con preto de 2.000 visitantes; e A Historia da Coral Polifónica do CRC, con máis de 500 visitantes. Ademais destas exposicións, realizáronse mostras en todas as parroquias do municipio, pudendo contemplarse gran parte das fotografías recuperadas en cada recollida. Estas mostras, ademais de exhibirse cada unha na súa parroquia, itineraron polas demais.

Ademais das exposicións “físicas”, desde esta páxina web ofrecémosvos unha serie de exposicións “virtuais” que iremos ampliando e renovando.

CATÁLOGO DE EXPOSICIÓNS

Ás Festas do Cristo no Porriño

Centro Cultural Municipal, setembro de 2016.

Ver información en PDF

A Historia da Coral Polifónica do CRC

Círculo Recreativo Cultural, 2009-2010.

III Concurso fotográfico As Festas do Cristo

Exposición das fotografías do III Concurso fotográfico As Festas do Cristo. No Centro Cultural Municipal, 2009.

Carracido en Fotos

Carracido, 2009.

II Concurso fotográfico As Festas do Cristo

Exposición das fotografías do II Concurso fotográfico As Festas do Cristo. Centro Cultural Municipal, 2008.

A Boa Educación

Centro Cultural Municipal, 2008.

Fotografías antigas de Cans

Exposta en Cans, 2004-2005; en Atios, 2007 e en Carracido, 2009.

Maratón fotográfico. O Porriño móvese, participa, é voluntario

Exposición das instantáneas do Maratón fotográfico. O Porriño móvese, participa, é voluntario. Centro Cultural Municipal, 2004.

Fotografías antigas de Torneiros

Exposta en Torneiros, 2004 e Budiño, 2007.

Fotografías antigas de Pontellas

Púidose ver en Pontellas, Torneiros, Mosende e Cans, 2004.

Recordos impresos

Fotografías de Atios. Recordos Impresos: exposta en Atios, 2008.
Fotografías de Budiño. Recordos Impresos: exposta en Budiño, 2008.
Fotografías de Chenlo. Recordos Impresos: exposta en Chenlo, 2008.

Unha Ollada no Tempo II. Fotografías do Porriño

No Museo dos Minerais, 2006.

José Moreira. Fotografías 1910 - 1950

Exposta no Centro Cultural Municipal, 2005 (en colaboración co Museo de Pontevedra).

Mosende. Un Século en Imaxes

Exposta en Mosende, 2005 e Chenlo, 2007.

Unha Ollada No Tempo I. Fotografías de Pontellas, Torneiros e Mosende

Exposta no Centro Cultural Municipal, 2004 – 2005.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

PECHAR